Arte en suiza: como exemplo da arte de este pais podemos tomar a cantidade de museos que hai nas suas cidades(neste caso, Basilea:
Por museos de Basilea enténdese un grupo de museos da cidade de Basilea e a súa área de influencia. Cobren un amplo espectro de exposicións, co punto forte posto nas artes plásticas. Albergan unha gran cantidade de fondos de relevancia internacional. Suman polo menos tres ducias de edificios, sen contar as coleccións de historia e xeografía local dos municipios da periferia, co cal nos atopamos ante unha densidade de museos extraordinariamente elevada en comparación con outras rexións urbanas de idéntico tamaño. Anualmente atraen a máis dun millón e medio de visitantes.
Os museos, compoñente esencial e identificador da cultura e a política cultural de Basilea, baséanse na combinación da actividade de colección, tanto privada como estatal, co fomento privado e público da cultura, unha fórmula que data do século XVI. Os museos públicos do cantón de Basilea-Cidade creáronse coa adquisición do gabinete Amerbach por parte da cidade e a Universidade de Basilea no ano 1661 e, por tanto, conforman a máis antiga colección existente de carácter civil. Desde a década de 1980 abríronse diversas coleccións en edificios de nova construción, coñecidos pola súa arquitectura museística de vangarda.
galicia industrial
Hace 11 años