Suíza é un país europeo que se encontra situada aproximadamente no centro de dito continente. Cunha superficie total de 41.290 km², limita ao oestecon Francia,ao sur con Francia e Italia ao este con Liechestein e Austria a ao norte con Alemania.
Trátase dun país eminentemente montañoso bordeado ao sur pola cadea montañosa dos Alpes e ao oeste pola do Jura e que conta con numerosas cimas por enriba dos 4.000 m de altura.
Numerosos lagos salpican a súa orografía e os abundantes glaciais alimentan diversos ríos que distribuen as súas augas en catro distintas concas hidrográficas,as dos ríos Rin,Danubio,Po y Ródano que desembocan en catro mares diferentes, que son, respectivamente o mar do Norte , o mar Negro, o mar Adriático e o mar Mediterráneo.
Según os datos do censo de población do país a 1 de xaneiro de 2007, Suíza ten 7.508.739 habitantes, cunha densidade de poboación de 181,85 habitantes/km2.
O país posúe unha amplia rede de comunicacións, por estrada ou ferrocarril, ao igual que varios aeroportos, rede de comunicacións que logra superar as dificultades impostas pola orografía de Suiza.
http://es.wikipedia.org/wiki/Geograf%C3%ADa_de_Suiza